martes, 30 de julio de 2013

"Esta música róndame na alma dende que eu nacín, e púxena en pentagrama para que quede e non se perda."

" Os galegos de antes da nosa guerra civil levamos na alma as cancións que nos arrularon e a música que nos chegou como forma de cultura, que tiña moito que ver coa Idade Media ou aínda máis. A vida nas aldeas galegas non progresara nada, ou case nada, en moitos séculos, e polo mesmo, a música tampouco, que non é unha excepción.

Tres anos de guerra e de silencio musical, coma loito polos que morrían, ou ían morrer naquela contenda, deron como resultado, ó remata-la loita, que a xente fora por outro camiño, e os gustos musicáis foron cambiando, puxados pola difusión moi rápida da radio.

A nosa cultura musical ten tanto contido e tanto senso coma calquera outra música autóctona, e ainda se pode dicir que é máis rica, máis abundante e máis capaz de exendrar inspiracións, motivos e xeitos para unha modernización e rexurdimento do que nunca se debeu esquecer.
Fagamos nós o que poidamos e virán despois os grandes músicos a beber desta fonte de auga pura e non contaminada nin procesada.

Estas cancións están feitas cos mesmos perpiaños co mesmo barro e a mesma estética rigurosa da música tradicional, moitas foron elaboradas cas mesmas letras..........As veces as letras repítense intencionadamente nunha e noutra canción, para encadra-la música no mesmo ambiente que tivo dende sempre.

Esta música róndame na alma dende que eu nacín, e púxena en pentagrama para que quede e non se perda."

David Francisco Castro Iglesias.
(Escrito como nota na edición de 1984 do libro "Música da Terra Galega 1ª parte")


MUSICA DA TERRA GALEGA by DAVID FRANCISCO CASTRO IGLESIAS is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 3.0 Unported License



No hay comentarios:

Publicar un comentario